fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

30.5.04

En campaña

Asistín ao primeiro mitin destas eleccións tan descafeinadas como son as europeas. Celebrouse nunha sala do Pazo da Cultura en Pontevedra e oficiaban as primeiras espadas do BNG. O resultado foi moi desigual: soberbios Beiras e Guillerme Vázquez; nin fu nin fa Quintana, Olaia e Lores e bastante mal o candidato Camilo. Non é que o que dixo estivese mal se fose nunha aula ou charla distendida, pero os mitins teñen outra dinámica... hai que enganchar ao persoal cun discurso in crescendo, xerar ilusión, diferenciarse nidiamente dos demais, ...
Camilo fixo nestes catro anos un traballo extraordinario no Parlamento Europeo e casi nunca recoñecido pero ten que ser un pouco máis mitineiro e elevar a tensión do discurso.

|

27.5.04

Prezos

Unha semana despois da resaca do Día das Letras vou a unha gran superficie (nunca me gustou ese nome pero non quero facer publicidade) na sección de librería e ollando no estante de novidades vexo como "O Código da Vinci" en versión galega custa 3 euros máis que a versión en castelán. algo parecido ocorre con "Españois todos" de susodetoro, "A man dos paíños" de manolorivas ,...
Cando xa é dificil que a xente lea en galego, os gobernantes, editoriais, librerías ou quen sexa poñen tódolos atrancos para que os poucos que len sigan facéndoo en castelán. Para cando unha discriminación positiva para a lingua? (aínda que habería que cambiarlle de nome, a palabra discriminación non me gusta nin co positivo detrás).
Semanas atrás comentábame un amigo o moito que custaba ser pai comprometido coa lingua, pois en calquera "cadena cen" podías mercar contos a baixo custe en castelán, sen embargo en galego custan un ril e parte do outro.

|

24.5.04

Tirios e Troianos

Aínda que a semana anterior paseime un bó rato nunha cola para ver "Troia" a verdade é que cando cheguei xa non había entradas. Este venres tiven "sorte?" e puiden vela. Os efectos especiais son bós e traballouse bén co ordenador. A mágoa foron esas tres horas de metraxe... Sobráballe cando menos hora e media.
O bó e breve...

|

19.5.04

Barbie Superstar

Levamos uns meses con bombardeo mediático polo da Vodísima, pero o dos últimos días non ten nome. Este país xa non ten problemas, todo está arranxado... hai pequenos flecos: que se a cor vermella dun traxe..., se vai mellor de branco,... se os tacóns son demasiado altos.... Que remate dunha vez!!!.
Esa rapaza nunca me caeu demasiado ben. Sígoa asoaciando con Urdazi, o que agora dín que vai de xefe de prensa á Casa do príncipe-.
Un bó momento para pedir a República.

|

16.5.04

Autoridades?

Onte á noite multáronme os municipais do concello onde vivo. Detívenme un cuarto de hora nun lugar que como comprobei máis tarde tiña un sinal de prohibido estacionar pegado á parede e que de noite -a iso das tres e media da madrigada- dificilmente un podería ver. O máis grave do tema é que cando estaba saindo do coche pasou a parella de gardas -que cinco minutos máis tarde me multarían- miraron para min e non dixeron nada. En máis de quince anos con carnet é a terceira vez que recibo unha multa: a primeira delas os municipais de Noia dun xeito totalmente inxusto que algún día relatarei; a segunda os de tráfico por ir a setenta nunha llimitación de 50 (totalmente xusta) e ista terceira que comento. Coido que outros tiveron peor sorte que eu. O que de verdade me fastidia e ver como algúns pensan que vivimos en plena dictadura e non aprenden dunha vez por todas cal debería ser a función da garda municipal.

|

15.5.04

Alienado

Sempre defendín a miña liberdade persoal para facer o que me viña en gaña independentemente da opinión dos demáis, eso si, respectando a liberdade individual dos outros. Sentíame orgulloso de que os meus gostos musicais, cinéfilos ou literarios poucas veces coincidían co standard e universalmente aceptado.
Onte, na cola dun cine en Pontevedra, decateime de que algo en min estaba cambiando... ía a ver "Troya" e na mesiña de noite teño a medio ler "O código Da Vinci"... ¿os anos quizáis?

|

10.5.04

Conciencia encoirada

Estou indignado. Dende a semana pasada que vin as fotos das torturas dos norteamericanos aos prisioneiros iraquies non penso noutra cousa. As denuncias sucedíanse como nun contagotas pero eran demasiado espantosas para ser certas. A realidade foi moito máis cruel. En cada xornal que cae ás miñas máns intento buscar como vai o tema... cantas dimisións se produciron... Bush segue de presidente?... a reacción mundial... que din os nosos políticos... ese Aznar e demais membros do partidopopular tan preocupados hai un ano pola integridade das xentes deste apartado país... e nada. O tema xa non interesa. Temos a conciencia encoirada.

|

9.5.04

O efecto bolboreta

O venres vin no cine "O efecto bolboreta" baseada na Teoría do Caos de que "unha bolboreta move as ás en Santiago e provoca un furacán en Chicago". Unha peli entretida para pasar o rato sen maiores pretensións (aínda que na Voz de Galicia lle poñan só unha estrela). Sen embargo cinematograficamente falando tampouco é nada novo pois en ¡Que bello es vivir! xa facían o experimento de "¿todo sería igual se fixese tal ou cual cousa?".
Nada novo baixo o sol...

|

De estreo


Estreo hoxe esta bitácora na que a pesares da descripción que acompaña ao título, non será pretenciosa nin trascendente. Tan só pequenas observacións do que me rodea e/ou interesa.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com