fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

19.10.04

Goberno

Hai tempo que non deixo ningún comentario sobre o goberno do Estado pero recoñezo que todo el paréceme do máis insípido. Practicamente non coñezo ningún ministro/a polo seu nome. A improvisación dos primeiros momentos continua como se tal cousa o que empeza a ser verdadeiramente preocupante. Cada vez soporto menos a Bono co seu toniño paternalista . Que se iba a esperar dun ministro que na envestidura fachendeaba do orgulloso que se sentía de ser fillo de falanxista?, pois claro, logo que ninguén se sorprenda que leve nos desfiles a un membro da "División azul" . Isto só pode suceder en España . É inimaxinable que en Alemaña, por exemplo, un membro da SS presidise o desfile do día das Forzas Armadas. E as ministras?. Non son tan ridículas como a Loyola, é certo, pero efectividade ningunha. A de vivenda premetía unhas estatísticas moito máis completas da evolución do mercado inmobiliario e logo non publica nin as de ate agora, pois os resultados evidencian que a política seguida non incide de ningún xeito no prezo da vivenda, e xustifícao decindo que a publicación de estes datos só xerarían estrés e preocupación na poboación... Síntoo polos que teñen fe neles pero a efectividade maís ben é pouca. Preocúpanme tamén esas "amizades perigosas" cos marroquís co tema do Sahara. Outro día sigo... ah, por dicir algo positivo, saimos desa crispación permanente na que nos tiña metidos o aznarismo e polo menos mellorou o talante, mágoa que esas mellores formas con veñan acompañadas de algo tanxible.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com