fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

22.1.05

Actualidade asimétrica

por JAVIER ORTIZ


«Ante una información que publica un diario como Gara, que no me ofrece garantías, he ordenado que se haga una investigación a fondo para ver qué ha ocurrido».

El personal del Ebro para abajo que oyera el pasado martes este comentario en boca de José Bono no sabría ni de qué hablaba. Aunque supongo que tampoco sería tanta la gente que lo oyera: las grandes cadenas de radio y televisión obviaron esa parte de las declaraciones del ministro de Defensa.

De todos modos, Bono no se refería a ninguna noticia aireada por Gara. Ni siquiera hablaba de algo que acabara de pasar. Aludía a un suceso ocurrido en San Sebastián cinco días antes, del que se hizo eco el conjunto de los medios de comunicación vascos y que fue corroborado en todos sus extremos por Ernesto Gasco, concejal responsable de la Policía Municipal del Ayuntamiento donostiarra (y miembro, por cierto, del mismo partido al que pertenece el ministro de Defensa). Bono tenía que saberlo: esa misma mañana, tanto EL MUNDO como El País habían dado cuenta de los datos aportados por el concejal.

La historia a la que se refiere todo esto se cuenta rápidamente, y tiene poca vuelta de hoja, porque sucedió ante testigos. En la noche del pasado 13, en el centro de San Sebastián, cerca del Paseo de la Concha, unos individuos que se estaban dedicando a arrancar señales de tráfico la emprendieron contra un hombre que reprobó su actuación. Le gritaron: «¿Te parecerá bien entonces lo que hace ETA? ¿Estarás de acuerdo con el plan Ibarretxe, eh, cabrón?» y se fueron a por él. El increpado trató de huir, pero le cortaron el paso. Le propinaron una enorme paliza. Quedó tendido en el suelo, sin sentido, con numerosas heridas y lesiones. Hubo de ser hospitalizado de urgencia. Gracias a los datos aportados por los testigos, que describieron a los agresores, la Policía Municipal detuvo poco después a dos personas que resultaron ser soldados paracaidistas de Alcalá de Henares en misión temporal en el País Vasco. El herido es Mikel Martín, militante de Zutik! y de EGHAM, coordinadora vasca de gays y lesbianas.

Me hago algunas preguntas. Entre otras: ¿por qué un suceso como ése ha merecido tan escasa atención? Otrosí: ¿cómo puede ser que, cinco días después, con el asunto ya incluso en manos de la Justicia, el ministro de Defensa pretenda que carece de información fidedigna y atribuya la noticia a Gara, que ni siquiera fue el primer medio en difundirla?

Pongámonos en el hipotético y más que improbable caso opuesto: que dos miembros de la unidad de asalto de la Ertzantza de paso por Madrid hubieran dado una paliza a un paseante al grito de «¡Seguro que apoyas la Ley de Partidos, so cabrón!» ¿Cree alguien que semejante barbaridad habría quedado al margen de los telediarios? ¿Que no habría sido mencionada en ninguna tertulia?

[É copia do artigo publicado por El Mundo hoxe 22 de xaneiro de 2005].

Gracias, Alvorota polo achádego!!!


|

17.1.05

Felicidades camarada

Mañá martes 18 de xaneiro Santiago Carrillo cumpre 90 anos. Ten unha memoria e lucidez envexable e hoxe por hoxe é o tertuliano político máis coherente entre tódalas emisoras de radio. Adiante camarada, que sexan moitos máis.

|

16.1.05

Constitución europea

Hoxe, por primeira vez tiven nas mans o texto da Constitución europea que viña co xornal dominical. Non tiven tempo a lela así que non teño opinión formada sobre o contido da mesma, o que si me parece é unha tremenda chapuza: un referendo non vinculante; os que votarán SI recoñecen que non a leron; os que si a leron din que ou non lle convence na súa totalidad, que ten grandes eivas ou que votarán abertamente NON. Ademáis parece que o texto tampouco é o definitivo. Intentarei ler este mamotreto e posicionarme.

|

15.1.05

Pinza

Zeta e Mariano escenificaron e rubricaron onte o frente (ou a "pinza" como lle gusta chamar aos sociatas este tipo de alizanzas) para frear calquera tipo de aspiración nacionalista. Sairon da reunión felices e sacando peito, "encantados de coñecerse", supoño que esta pinza españolista dará bós titulares a esta blog. Agardo novas que de seguro se producirán.

|

14.1.05

Ramona Maneiro

Sempre considerei a Ramona Maneiro unha persoa íntegra e que sabía desempeñar ese papel dificil e ingrato que lle tocara no drama persoal de Ramón Sampedro. Todos sabíamos que efectivamente fora ela quen o axudara a deixar esta escravitude, sen embargo o dos últimos días tenme indignado. Que importante é o silencio e que pouco se usa !. Agora dí que non descarta cobrar por falar da súa relación con Ramón... Pronto verémola en Salsa Rosa e demáis enxendros... Sen palabras.

|

13.1.05

Libro de estilo

Nos últimos días estou observando cambios no Libro de Estilo dos Informativos de TVE. Agora xa dín abertamente "La Coruña" . É inconcebible como durante o mandato do PP esas cuestións sí se respectaban escrupulosa e legalmente e agora cun governo en teoría máis progesista (aínda que polo visto non moito máis) voltamos á situación anterior.

|

12.1.05

Angustia

Hoxe vivín un dos días máis angustiosos de miña vida. Chamáronme ao centro de traballo para darme a nova de que a miña irmá tivera un accidente co coche . Chamei á casa e a miña nai -desesperada- díxome en que hospital estaba. Deixei todo como estaba e nuns minutos xa estaba tentando localizar á miña irmá. A frialdade do persoal dos centros hospitalarios é maiúscula, a masificación dos servicios de urxencias indignante,... Danche gañas de poñerte a gritar esixindo a atención para o teu familiar pero vés que os demáis están igual ou peor. O servicio de urxencias é un verdadeiro túnel do tempo: cinco horas para facerche unhas placas, logo dinche que sairon mal e hai que repetilas,...
O balance final non foi de todo malo: a miña irmá con colariño, chea de magulladuras, unha man queimada e totalmente vendada e coxeando por un esguince , pero a pesares de todo saiu polo seu propio pé. O coche vale máis ben para pouco (tiña tan só dous aniños)pero dentro da gravidade é o de menos. O susto non hai quen nolo quite do corpo a todos.

|

6.1.05

Vaya torito,...ay torito guapo...

Da portada da Voz de Galicia de hoxe 6 de xaneiro:"Touriño rechaza pactar con el BNG si los nacionalistas no respetan la Constitución". Manda truco, agora resulta que votar a prol dunha iniciativa lexítima (que podemos ou non compartir, iso si é democracia) é non respectar a Constitución, sen embargo incumplir unha Lei autonómica -da Comunidade que aspiras a governar- como é a Lei de Normalización Lingüística- iso é ser ecuánime e non caer en radicalismos.
De verdade, se ista é a alternativa non sei se merece a pena o cambio.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com