fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

22.5.06

Adultescentes

Nos últimos tempos os avances en canto ao coñecemento e tratamento de trastornos e problemas individuais e sociais vanse dando moi de vagar. Os estudiosos da psiquiatría e socioloxía parecen máis preocupados en poñerlles nome a todo o que creen escapa da norma stándard que de analizar as súas causas e tratamento. Un dos últimos do que teño escoitado falar é o de "adultescente" para referirse a persoas próximas á cuarentena que adoitan vestir de xeito máis acorde cos seus fillos de quince anos que ao de persoas da súa mesma idade. Pois ben, sempre preferín poñerme unha camiseta a unha camisa, e un vaqueiro (o gran invento do século XX) a un pantalón de tea e pinzas. Non creo que este xeito de vestir teña connotacións especiais e singulares nin vaia asoaciado a unha certa inmadurez como apuntan algúns. Penso ademáis que a creatividade que se da hoxe en día no mundo das camisetas -aquí na Galiza- non ten parangón con ningún outro sector do textil e menos no das camisas do que estamos fartos de sufrir os cadros e raias de toda a vida e coas mesmas cores.



|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com