fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

18.6.04

Galeusca-3

Por fin confírmase. Camilo estará de novo no Parlamento Europeo. E confírmase tamén que votamos por inercia... Votamos por quen está. Se agora gaña Zapatero pois votamos por Zapatero. Cambiamos de ideoloxía como de camisa (algúns máis que de camisa). Por unha vez ¡¡¡ Viva o voto de inercia!!!.

|

16.6.04

Futboleiros

Veño da praia. Cando cheguei parecía un día máis como onte ou antonte, pero non. Todas eran mulleres. Á dereita , á esquerda, arriba, abaixo,... as mulleres estaban soas ou en grupiños pero ningún home á vista...Impoñeríase o matricarcado e aniquilarían aos demáis?.
Despois de moito buscar atopo un cos auriculares nas orellas. Decátome: a selección española de fútbol xoga esta tarde. Vaia!, que haxa moitos máis partidos para que os demáis poidamos disfrutar .

|

14.6.04

Miradas

Levo doce anos ininterrumpidos indo de interventor na mesa eleitoral da miña aldea. Recoñezo que cada vez me aburre máis, sen embargo non deixa de sorprenderme o xogo de miradas que durante toda a xornada se producen. As miradas esquivas dos amigos e coñecidos, a complicidade de outros que buscan a décima de segundo para cruzar a súa mirada coa túa sen que se decaten os demáis... Pódese ser nacionalista, pero recoñecelo publicamente é outra cousa.
Xa o dicía a miña avoa "a cara é o reflexo da ialma".

|

12.6.04

Que pouca xenerosidade!!!

Non sei que teñen os de "Luar na Lubre" pero non acaban de engancharme. Tecnicamente lles recoñezo a calidade pero lles falta alma. Hoxe "Na Coz de Galicia" aparece un deses tan orixinais cuestionarios que os nosos grandes periodistas lles fan a diversos personaxes públicos: "10 preguntas a Bieito Romero". Todas moi orixinais, casi tanto como as respostas. Ante a pregunta de "Os seus tres grupos preferidos" resposta que: Alan Stivell, Peter Gabriel e Jethro Tull. Ningún galego, e os tres de fai dúas décadas. A típica resposta. Posiblemente teña medo a facerlle propaganda a outros compañeiros...

|

8.6.04

Moi ben Camilo

De casualidade hoxe pillei na TVG a entrevista que lle fixeron a Camilo Nogueira. Estivo moi ben, mellor que no mitin que comentei o outro día.
O venres pasado un amigo decía que había que votar a ERC porque Galeusca non era enteiramente de esquerdas.... flipo... acaso os compoñentes de "Europa de los pueblos" son todos de esquerdas?: ERC si, pero...Eusko Alkartasuna non, a Chunta tampouco,.... é moi progresista Pedro Pacheco?... Poñamos os pés na terra e vexamos as cousas sen acaloramentos e con serenidade.

|

6.6.04

PSOE

Falta só unha semana para as Eleccións Europeas e isto non colle forma. Alucino coas estatísticas pero vese que votamos por inercia.
Estamos vivindo o PSOE máis descafeinado da Historia. Parecen todos paisanos... ninguén sabe se baixan ou suben. O marketing parece feito directamente dende Barrio Sésamo: que si ZP, que si E-Ama-Europa todo moi propio de cartafois de preadolescentes.
Ah... e na tele pública do estado seguen a mesma tónica que os anteriores. Onte nas imaxes do mitin de Maiorourella cebábanse amosando en tódolos planos os asentos baldeiros.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com