fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

29.7.04

De volta

Xa cheguei de volta. Non percibin tanto o mogollon de xente como pensaba, sera porque non estiven moi metido no circuito de praias. Sorprendeume chegar a alguns pobos e practicamente non atopar turistas (menos de media ducia non contan): Masca, Taganana, ... e moitos dos que non me lembro do nome. O que menos me gustou foi o perigo das guaguas que pensan que as estreitas carreteras son suas... pitan cando entran nunha curva, metense no carril contrario e o que veña de frente que se foda.

Polo demais, todo fantastico. E a primeira vez nos ultimos oito anos que non fago unha viaxe no veran ao estranxeiro, pero non me arrepinto e non creo que tarde moito tempo en voltar.

Outro dia xa irei debullando estes oito dias, que deron para moito... menos para durmir...



|

18.7.04

Tenerife

As vacacións poucas veces resultan como planificamos. Un bó exemplo e este ano: tiñamos preparada unha viaxe fantástica polos Paises Baixos e Bélxica. Con tempo fora recopilando información e planos das cidades a visitar, consellos de amigos,... pero ao final os plans non chegaron a bó porto e ante a posibilidade de quedar todo o verán na terra con paparotas gastronómicas e grandes fiestas en tódalas aldeas, decidimos ir a Tenerife, alquilar un coche e darnos un garbeo pola illa. Moi orixinal non é, pero o importante de estas cousas é como acaban e non como empezan.



|

15.7.04

Sentidiño

Hai ocasions nas que os cargos dirixentes do Bloque parecen máis críos xogando no patio dunha escola que o que deberían ser. Saen das xuntanzas e filtran tódalas miserias do partido. Os militantes queremos dunha vez por todas apoiar ao noso candidato que en inequivoca maioría respaldamos na Asemblea de Santiago. Queremos un candidato forte pero estamos debilitándoo entre todos. A ver se o vindeiro 25 de Xullo é ese punto de inflexión que necesita o nacionalismo nesta Terra e volta o sentido común.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com