fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

9.9.04

Amenceu un mal día

Transcribo unha mensaxe que me chegou hoxe ao móbil e co que comparto o sentimento:

Amenceu un mal día,
Galiza hoxe chora;
ficou moi mal ferida.
Hoxe chora Galiza,
síntese a súa dor;
finou Manuel María.


Xose Lois Pena


|

7.9.04

"Mar adentro"

O venres pasado fun ver a última de Amenabar. Recoñézome incondicional do director e unha vez máis non me defraudou. As reviravoltas argumentais de "Tesis", "Abre los ojos" ou "Los otros" deixan paso a unha historia que non aporta elementos novos dos xa coñecidos por todos pero si unha dirección de actores sensacional. Que ben estiveron os galegos Celso Bugallo e Mabel Rivera (non sei se por actriz de reparto ou actriz revelación pero un Goya teno case seguro), o reparto catalán moi bó, Bardem inconmensurable, ata me pareceu acertado incluir a Belen Rueda (confeso que a priori non tiña moita fe na elección). Aparte da interpretación, tecnicamente é impecable. Por fin alguén tivo en conta o feito diferencial liguistico español: as personaxes falaban castelán, galego ou catalán en función do interlocutor ou o contexto con perfecta naturalidade.


¿Que lle quitaria?: Cando "Ramón" se levanta da cama neses momentos de ensoñación para voar por montes e praias. Tampouco me convenceu demasiado esa unión musical Amenabar-Núñez.

En fín: unha película que invita á reflexion sen tentar ser dogmática. Só espero que este achegamento de Amenabar a un cine máis realista sexa por convencemento e non constitúa un intento espúreo de conquistar á crítica tan proclive nos últimos anos a premiar films con temáticas sociais: o maltrato infantil ("El bola"), a soedade ("Solas"), o paro (Los lunes al sol), os malos tratos á parella ("Te doy mis ojos"), pedofilia ("La mala educacion"), e agora a Eutanasia.


|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com