fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

30.5.05

Menos mal que nos queda Francia

Eles si que debatiron, informáronse e acudiron en masa ás furnas. E agora resulta que non estaba previsto o NON de ningún dos países e non saben que facer.

|

25.5.05

Escéptico

Vexo as vindeiras eleccións autonómicas con escepticismo. As enquisas dan un empate técnico entre o PP e o BNG+PSOE, pero na Galiza o PP supera normalmente as enquisas. Por outra banda ter a Touriño de presidente -se se confirma finalmente que van ter máis deputados que o BNG- tampouco é garantía de nada. Pode supoñer un xiro de 360º como pronostican algúns, se temos en conta o poder que os pacovazquistas teñen no novo PSOE e o aillamento dos sectores máis nacionalistas do partido.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com