fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

28.6.05

Non é un soño...

Xa tocaba !!!. Levamos toda a vida loitando por cambiar o rumbo da Galiza e parecía "misión imposible". Onte douse un pequeno pero importante paso. Non é o cambio que desexábamos, pero pode supoñer un avance importante no xeito de facer as cousas. Hoxe todo parecía distinto, ata choveu con gañas cando levaba case un ano sen facelo.

|

27.6.05

destavai

destavai...


|

26.6.05

Outra realidade é posible

Estivemos alí. Sorprendeume gratamente a cantidade de xente que asistiu a unha convocatoria tan incerta polo anonimato da rede, e a simpatía e complicidade da cidadanía cara os que unimos coas nosas mans e berros dúas realidades sociais e históricas que poden rivalizar e discrepar nalgunhas cuestións pero poden converxer polo ben da nosa Terra.

|

23.6.05

Gañamos nós !!!

Vou romper unha cuestión de principios de non poñer ningunha imaxe nesta blog, pero a ocasión ben o merece...


|

22.6.05

Cadea Humana

Voume sumar ao carro dos optimistas e participarei na Cadea Humana que se está argallando para o vindeiro domingo 26 de xuño (o día previo ao reconto da esperanza) en Santiago entre as estatuas de Castelao e a de Pablo Iglesias "nun acto cívico e non partidista aberto a todos os cidadáns e que serva para poñer de manifesto a nosa vontade de cambio". Que rulen as mensaxes a móbiles, o boca a boca, o blog a blog, os e-mails,...

Na blog de Martín Pawley atoparás máis detalles desta convocatoria.


|

Hai máis CERA que a que arde

Nesta semana de espera observo dous comportamentos diferenciados: o optimismo dos simpatizantes do PSOE e o pesimismo dos do BNG que desconfiamos moito do resultado final. Vivimos unha situación moi semellante nas Eleccións Europeas onde nun primeiro momento era casi imposible que o PP puidese arrebatarlle o escano a Camilo Nogueira co voto da emigración, logo veuse que era certo e quedáranse a cerca de catro mil votos, pero a continuación o PP impugnou mesas eleitorais por toda España (en lugares onde o BNG non tiña interventores e polo tanto non podía disputalos, e o PSOE non acudiu porque "non se xogaba nada en todo aquelo") e apareceron votos ata "debaixo das pedras" -como lle gusta dicir ao aínda presidente Fraga- . Non sei que nome ten en psiquiatría, pero para mín todo isto é unha situación que xa vivín e coñezo e lembro cada unha das cousas que van pasando e o que é peor: o fatídico resultado final.

|

20.6.05

Carta a Quin

"A noite eleitoral é amarga pero non sempre imos nós a ter a culpa. Son
moitos "meaculpas" nos últimos tempos e négome a seguir na mesma liña.
Posiblemente non vivamos no mellor dos mundos posibles, nin Galiza
teña a xente máis preparada -de seguro a nula inversión en educación
non é tanto un problema de xestión e vontade do governo de turno, como
algo máis premeditado-. Somos poucos pero os mellores. O noso sí é un
voto de calidade. Hai máis convencemento nun só voto noso que en toda
unha furna deles, e máis preparación nun dos nosos interventores ou
apoderados que nos dos demáis partidos xuntos. É certo que non nos
votan pero nós somos os que lle sacamos as castañas do lume aos
presidentes e vocais das mesas. Pero non só ocorre na xornada
eleitoral. Durante todo o ano somos os receptores de tódalas queixas
dos veciños: axudámolos, xestionámoslles solucións aos problemas,
poñemos a cara por eles, ... pero o voto é outra cousa".

|

daproximavai

Sen palabras...

|

12.6.05

Xúbilo e xubilación

De cumplirse as sondaxes (trackings ou barómetros, segundo explica Carlos Neira), o vindeiro domingo será o Día da xubilación do noso benquerido presidente, e de xúbilo para tódolos galegos e galegas que desaxamos pasar páxina a un sistema de xestión caduco e caciquil que non cré en Galiza nin nos que aquí habitamos.

|

11.6.05

Touriño tirou a toalla?

Levo dende o día de onte agardando un desmentido de Touriño ás contundentes declaracións de SirPaco :

«No hay ni habrá una coalición con el BNG, que la gente se lo meta en la cabeza. Quintana es un títere de la UPG»

Polo visto dan por bóas as palabras deste ideólogo socialista. Renunciaron definitivamente á Xunta?, Están doentes polos últimos inquéritos que dín que o BNG está acortando o camiño?.


|

10.6.05

"Sentidiño"

Levo dous días asistindo a mítines do BNG (na miña localidade e en Pontevedra). Anxo Quintana está que se sae. Todo un exemplo de como expoñer ideas, seducir aos asistentes, amosar seguridade e contundencia, resultar ameno e non insultar a ninguén. Vése a sí mesmo como Presidente e fixo que tódolos que alí estivemos participásemos do soño. Oxalá esta ilusión colectiva teña efectos proféticos.

|

5.6.05

Os tempos son chegados

Faltan dúas semanas para que Galiza desperte deste pesadelo. Hai ventos de cambio. Onte na mani contra a actual ubicación de ENCE en Pontevedra puiden ver como Galiza se pode movilizar masivamente por intereses máis altruistas e xenerosos que o reparto gratuito de anacos de empanada.
A posición de Galiza ante as eleccións autonómicas foi tradicionalmente unha mistura ente o "Mito da Caverna" de Platón e o refrán -que só o puido inventar un galego- de que "máis vale malo coñecido...". Agardemos que desta vez se rompa esta inercia fatal.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com