fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

31.10.05

Eu xa asinei

Acabo de asinar para que o noso patrimonio cultural inmaterial -o galego-portugués- sexa recoñecido como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da UNESCO.


|

30.10.05

A vida secreta das palabras

Cada vez síntome máis antiamericano en canto ao cine. Inventárono eles e teñen tódolos medios, pero andan moi faltos de creatividade. Onte fun ver A vida secreta das palabras de Isabel Coixet e quedei gratamento sorprendido da crueldade da historia que narra nunha cinta aparentemente sinxela. Unha película que invita a reflexionar sobre os verdadeiros resultados das guerras dos nosos días.
Ah... a Tim Robins non o considero para nada americano a pesares de ter nacido en California, polo menos non se axusta ao cliché que teño deles.


|

Ponte

Posiblemente sexa a mellor ponte do ano pero quedeime na casa, así que agora haberá que argallar algo por aquí que ben merece a pena. Hoxe farei o percorrido habitual de tódolos domingos.


|

22.10.05

Cansanzo

Neste comezo de curso estou sufrindo un cansanzo xeralizado. Estou agotado e non teño gañas de nada -de ahí o parado que está este blog-, con ir ao colexio tódalas mañáns teño bastante e procuro non meterme en demasiadas liadas. O mércores pasado fun a Santiago a ver os Luthiers. Foi unha inxección de moral e bo humor pero con efectos limitados, pois xa estou igual. Terei que ir a velos de novo.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com