fabas contadas

 

Esta bitácora está feita con Blogger

6.7.06

En todos os sitios cocen fabas

Estou pasando uns dias en Irlanda na Universidade de Limerick estudando algo de inglés e cultura irlandesa. A experiencia é inmellorable e tivemos a grata sorpresa de atoparnos cun congreso de sociolinguística con profesionais de todo o mundo no medio de nós. Unha auténtica torre de babel. Onte á noite despois da última Guinness falamos cun rapaz de Walles que entre outras linguas falaba un correcto castelán e estivo contándonos do moito que desprezaba á lingua inglesa por representar a represión e o imperio contra as pequenas nacións sometidas baixo o seu abafante paraugas. Son cousas das que non se fala pero aí están.

|

Weblog Commenting and Trackback by HaloScan.com